Controlado o lume forestal en San Roque en Ribeira e estabilizado o do Son, arderon 24 hectáreas

19 Xullo 2020

Esta madrugada sobre as 12.30 rexistrouse un incendio forestal no Parque periurbano de San Roque en Ribeira. O lume obrigou á intervención sos servizos forestais e do parque de bombeiros quedando controlado nas últimas horas. O lume afectou a unha zona próxima ao anfiteatro si ben non danou ningunha infraestrutura

Por outra banda quedou estabilizado o incendio rexistrado no concello coruñés de Porto do Son, parroquia de San Pedro de Muro, tras comezar onte ás 17,42 h. da tarde. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é dunhas 24 hectáreas, das cales 19 son arboradas e 5 de monte raso . No seu control participaron ata o de agora 8 axentes, 18 brigadas, 12 motobombas, 2 pas, 4 avións e 4 helicópteros.

Incendio forestal ás 3.30 no parque periurbano de San Roque, visto desde a comisaria da Policia Nacional

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.