Comeza a conta atrás para a Carreira pola Diversidade de Ambar máis virtual

17 Xullo 2020

Xa comezou a conta atrás para o inicio da sexta edición da Carreira pola Diversidade da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional. A proba será este domingo 19 de xullo, coa gran particularidade, este ano, de que se vai levar a cabo de maneira virtual a través de Galitimin, co fin de achegar a máxima seguridade sanitaria a todas e todos os participantes.

“Aínda que a práctica deportiva e as carreiras populares víronse freadas pola COVID-19”, explican dende a asociación, “Ambar quere seguir promovendo o deporte inclusivo dun modo seguro, a través da modalidade virtual”. O obxectivo último da proba non é outro que “celebrar a accesibilidade en cada concello, vila, e parroquia creando rutas que non limiten a práctica deportiva nas nosas comunidades”.

A proba poderá desenvolverse ao longo de todo o día 19. Cada participante escollerá a ruta de 5 km na súa vila, compartíndoa ao rematar e incluíndo as barreiras de accesibilidade que atopou ao realizala.

As modalidades de inscrición son as seguintes:

• Modalidade 5.000 m Zapatilla

• Modalidade 5.000 m Hand Bike

• Modalidade 5.000 m Cadeira de Atletismo

• Modalidade Andaina (menos de 5.000 m)

A proba poderá desenvolverse de maneira individual, en familia ou en equipo. respectando sempre as indicacións das autoridades sanitarias. Haberá trofeos conmemorativos ao equipo, a organización e a familia máis numerosos, así como ao equipo máis inclusivo. Segundo informa Ambar, tamén se concederá unha mención especial para o concello con máis rutas rexistradas.

Para participar tan só hai que seguir estes paso:

1. Inscribirse en Galitiming, o prazo manterase aberto ata o propio día da carreira.

2. Elixir unha ruta, “canto máis accesíbel mellor”.

3. Rexistrar as zancadas, a través da aplicación móbil que se desexe.

4. Compartir, para valorar a accesibilidade, cada persoa participante terá que cubrir unha breve enquisa e formulario en asociacionambar.org coa ruta realizada.

Dorsal 0

Se hai algunha circunstancia que impida a participación na carreira, está aberta na web de Galitiming a opción de colaborar co dorsal 0 sen límite de cota. A recadación obtida será destinada á adquisición de material para a prevención do contaxio por COVID-19, para as persoas con diversidade intelectual.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.