Boiro retoma a Comisión de Seguimento da Evolución da COVID-19 ante os novos positivos

27 Xullo 2020
Comisión boirense da Covid-19

O Concello de Boiro celebrou esta mañá unha nova Comisión de Seguimento da Evolución da Covid-19. As xuntanzas, que se suspenderon coa entrada da nova normalidade pola ausencia de casos, retomaronse hoxe ante os novos positivos xurdidos na última semana. A comisión, presidida polo alcalde, José Ramón Romero, contou coa presenza do teniente de alcalde, Luís Ruíz, a coordinadora se Servizos Sociais do Concello de Boiro, o coordinador de Protección Civil e o oficial- xefe da Policía Local.
Na xuntanza deuse conta da evolución da pandemia no municipio e
decidiuse reactivar todos os protocolos establecidos durante o Confinamento.
Desde Servicios Sociais vaise reactivar o Servizo de Axuda a Persoas
Vulnerables co que, xunto con Cáritas e Cruz Vermella, se xestiona a entrega de alimentos ou mediciñas ás persoas en situación de necesidade.
O Concello de Boiro, está a intensificar a limpeza viaria e as fumigacións
con disolución de cloro nos núcleos urbanos e zonas con maior afluencia de
persoas e Protección Civil está a realizar tamén baldeos diarios seguindo un
cronograma.
A Policía Local de Boiro segue coa vixilancia e control da poboación, sobre todo para garantir o uso da máscara na poboación e evitar as aglomeracións. Os axentes están facendo especial fincapé no control das
medidas de seguridade para evitar aglomeracións nos locais de hostalaría e
ocio nocturno e evitar que se incumpran as restriccións marcadas polas
autoridades sanitarias.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.