Boiro inicia os Cursos de Vela de Verán 2020

01 Xullo 2020

O Club Náutico Deportivo de Boiro – Marina Cabo de Cruz inicia esta
tarde os cursos de vela que forman parte dos Veráns Deportivos de Boiro 2020.
A actividade vaise levar a cabo nos meses de verán, desde o 1 de xullo ata o
13 de setembro, de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas.
Á inauguración dos cursos van asistir o alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, para darlle a benvida á rapazada
que vai participar na actividade. A presentación dos cursos vai ser esta tarde, a partir das 16:30 horas, no Club Nautico de Boiro – Marina Cabo de Cruz.
A actividade está destinada para nenos e nenas entre os 8 e os 16 anos
e é requisito que os cativos saiban nadar. O curso inclúe programación práctica e teórica. Toda a información pode solicitarse no enderezo electrónico escolanauticaboiro@gmail.com ou no teléfono 622 884 846.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.