Baixan os casos activos en Barbanza- Santiago pola COVID-19

23 Xullo 2020

Segundo informa O SERGAS o número de casos activos na área sanitaria de Santiago-Barbanza ascende a 10, un menos que onte, sen casos hospitalizados. Os pacientes curados son 1.774 e realizaronse 35.590 PCRs.

Por outra banda a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 163, deles 39 son da área da Coruña, 74 da de Lugo, 4 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 27 da área de Vigo, 10 da de Santiago, e ningún da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 155 no domicilio, non habendo ningún en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.187 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 238.786.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.