Aumentan a 45 as hectáreas queimadas na falda da Curota en Lesón

11 Xullo 2020

O lume afecta á parroquia de Lesón, concretamente á saia do monte A Curota, e empezou ao redor das 3,30 horas deste sábado, polo que “todo indica que foi intencionado”, tal e como indicou Medio Rural.
Segue activo e para controlalo mobilizáronse ata o de agora cinco axentes, seis brigadas, cinco motobombas e unha pa.

Está previsto segundo a Consellería que se incorporen medios aéreos para colaborar nos labores de extinción.
A Consellería lembra que hai un número gratuíto, o 085, ao que os cidadáns deben chamar se detectan algún incendio forestal. Outro teléfono anónimo e gratuíto, o 900 815 085, permite denunciar actividades delituosas incendiarias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.