Asinado o contrato para a prestación do servizo de axuda no fogar de Ribeira

A Casa do Concello de Ribeira acolleu na mañá deste xoves 23 de xullo a formalización do contrato para o fornecemento do servizo de axuda no fogar do termo municipal. Ventura Bretal, en representación da empresa adxudicataria Son A Túa Axuda, e Manuel Ruiz, como alcalde do municipio, encargáronse de rubricar o documento.

A través do acordo, a firma con sede principal en Porto do Son asumirá este servizo adicado á atención e coidado das persoas dependentes, que inclúe ademais una serie de accións complementarias (como fisioterapia, podoloxía e outras).

O prazo de prestación do servizo será dun ano, con posibilidade de ser prorrogado anualmente por outros catro ata un máximo de cinco.