As salas do Museo do gravado de Artes acolle a exposición de Xosé Luis Veiras Manteiga

18 Xullo 2020

Dende a tardiña de onte, os afeccionados á creación artística teñen a oportunidade de contemplar no Museo do Gravado de Artes unha ampla exposición antolóxica de Xosé Luis Veiras Manteiga que enche co seu
característico dominio a instalación museística.
Moitos veciños quixeron asistir pese a calor reinante ao acto inaugural, que contou coas intervencións do vicepresidente da Fundación Museo de Artes, Javier Expósito; do director do mesmo, Pastor Rodríguez; da concelleira de Cultura de Ribeira, María Sampedro, e do propio autor, nacido en Santiago en 1949 pero fortemente ligado a Noia e que tamén residiu durante 27 anos no país francés.
Tanto Expósito como Rodríguez Santamaría e a edil municipal puxeron de relevo a figura de Veiras Manteiga, artista multidisciplinar que se atopa entre os grandes creadores do Barbanza.
O creador protagonista deu as grazas a todos os que colaboraron a facer posible a exhibición desta mostra en Artes, que abarca unha selección de obras creadas durante case cinco décadas: entre 1972 e 2019.

Están distribuídas en seis seccións: “Inicio e Galicia terra nosa”, “Corpos e Cor”, “Naturezas mortas e bodegóns”, “De devaneo polo celta”, “Terras campos e paisaxes” e “Escenas teatrais”, distribuídas polas tres salas.
Esperanza Mara puxo a nota musical ao acto coa interpretación de dous temas ao violonchelo. A exposición vén acompañada dun catálogo no que acompañando ás creacións de Veiras Manteiga contén textos de Cristina Carballedo, Xavier Castro, Aurora Marco, Alfonso Costa e Antonio Piñeiro.

Ademais, os asistentes recibiron tamén por cortesía do autor un exemplar do seu poemario “Fisterras”. A exposición pode ser visitada ata o 17 de setembro, de martes a sábado de 9 a 16 horas (festivos: de 10 a 13 horas).

Acto inaugural da exposición antolóxica de Xosé Luis Veiras Manteiga
Intervención de Veiras Manteiga. Cedida
Acto inaugural da exposición antolóxica de Xosé Luis Veiras Manteiga

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

Le invite a yantar en casa, me esmere en demostrar mis dotes culinarias, preparé lo que a él le gustaba, no se trata de presumir, sino agradar a un invitado, tratarlo como se trata a quien adorna mi casa, las buenas amistades embellecen. Hoy disfrutas de una bella...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.