“As outras torres de Riveira (II)”. Por Antón Luaces

26 Xullo 2020

Sendo como foi o “rañaceos” de Padín o edificio ou “torre” máis alto de Riveira aló polos anos 50 do século pasado, outros referentes importantes no que atinxe á altura houbo na cidade.

Había disparidade de criterios sobre si o home máis alto de Riveira era, naqueles anos, Fernando Llovo ou Ernesto “O Chatarrero”. Entre eles nunca existiu, que eu saiba, discusión ao respecto. Mais eran coñecedores do interese que tiña a veciñanza por este asunto. Para min que a cousa estaba moi igualada, pero probablemente fose o amigo Ernesto o máis alto dos dous. Ou sería porque Ernesto era máis delgado e semellaba ser máis alto, e Fernando (amigo de moitos anos) máis robusto e consistente e, a simple vista, con apariencia de ser un pouquiño -case que nada- máis baixo?.

Fose o que fose, a discusión estaba formulada e o problema era que poucas veces -malia a escasa distancia existente entre a vivenda dunha e outra familia- era de ben poucos metros. Pero, simplemente, non cadraba ver xuntos a Fernando e Ernesto para determinar quen dos dous era a verdadeira “torre” humana de Riveira. Determinar quen deles era o home -daquela mozos- máis espigado da cidade non era unha cuestión de interese cidadá, pero sí de curiosidade porque, realmente, había motivos dado que a estatura media do indivíduo natural de Santa Uxía era máis ben baixa: pouco máis ou menos 165-170 centímetros. E Fernando e Ernesto ben seguro que non baixaban de 190 (ou algo máis) centímetros.

Manolo e seu irmán Isidro, da familia “Sofía”, moi coñecidos armadores de barcos de pesca, eran outros referentes coma homes de altura adicados á pesca de baixura. Residentes en Bandaurrío onde estaba a vivenda familiar, eran moi visibles para calquera viandante de aquel tempo. Tamén era un home de altura Juan Moraña, aparellador municipal e co-propietario dos dous cines existentes na cidade. E tamén tiña unha altura sobresaínte un carteiro local, Romero, excelente debuxante que acabara marchando ao estranxeiro. Facía boa parella con meu pai, carteiro asimesmo, pero un chisco máis baixo. Outras “torres”, pero máis baixas: dunha estatura semellante eran “Paquito”, do bar do mesmo nome, e Eugenio ” O Reloxeiro”, que tiña a súa tenda-obradoiro na rúa General Franco, fronte á cafetaría Nordeste, e os irmáns Ricardo e Pepe Llovo, ambos os dous altos e fortes coma varas (tamén seu pai fora un home alto e ben forte).

Facer repaso agora a aquelas circunstancias referidas á altura dos homes pode parecer unha simple perda de tempo, unha brincadeira, pero estamos a falar dunha competencia que veu romper ou doutor José Antonio Viqueira, residente na rúa Miguel Rodríguez Bautista, coido que o home realmente máis alto na Riveira dos anos 50-60.

De calquera xeito.e tocante ás “torres” de ladrillo ou edificios de maior altura, o calificativo de “rañaceos” para aquela casa de catro andares situada en Padín á que me refería nun artifo anterior, tivo ben pouco tempo de vixencia. Xusto o que duraron as obras de construción do edificio de “Tres Chicas”, na zona do Rueiro, a escasos metros do cruceiro do Castelo. No baixo deste edificio houbera unha taberna que rexentaba a nai de Juan, un alto e forte mestre que desenvolveu a súa actividade profesional na Coruña.

A partir dos anos 60-70 as novas xeracións de riveirenses aportaron moitos centímetros na estatura de mozas e mozos que, á súa vez, deron outras novas “quintas” de homes e mulleres de altura intelectual e física que dan pulo a unha cidade que xa non se fixa en se eres ou non alto, “torre”. A altura non é medida en base ós centímetros de lonxitude, senon da capacidade de cada quen para desenvolver a súa actividade.

Santa Uxía de Ribeira nos anos cincuenta. Arquivo Joferpa

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

¿Cohousing en Melide?. José Castro López

¿Cohousing en Melide?. José Castro López

El pueblo de Melide tiene dos rasgos singulares que lo diferencian de los demásconcellos: está situado en el centro geográfico de Galicia y allí confluyen dos rutasjacobeas, el Camino Primitivo y el Camino Francés.Un tercer rasgo distintivo de este pueblo es, sin...