Por prudencia, este ano non se celebrará a edición número 18 da Andaina de 50 km “Concello de Ribeira” que adoita ter lugar cada primeiro sábado do mes de setembro.
Así se decidiu ao considerar que non se está o escenario idóneo para garantir a saúde e a seguridade tanto dos participantes coma dos voluntarios, premisas que se entende deben prevalecer sobre calquera outro aspecto á hora de valorar a celebración das actividades.
Dende a organización se espera que no 2021 se dean as condicións axeitadas para volver “coas mesmas gañas de sempre e máis fortes que nunca”.
Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía
A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...




