Ampliado até o 30 de setembro o prazo do concurso de curtametraxes Senda dos Faros

13 Xullo 2020
Unha parada na ruta O Camiño dos Faros, con Fisterra ao fondo

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación informaron de que o prazo para o envío dos vídeos do Concurso de Curtas Senda dos Faros amplíase até o 30 de setembro. O motivo non é outro que as consecuencias que tivo a COVID e a emerxencia sanitaria no desenvolvelmento do certame online, que impediu que a maioría dos centros inscritos nel puidese rematar o proceso de creación dos audiovisuais para seren publicados nas redes sociais e presentalos no prazo establecido.

Amais, en previsión da evolución futura da pandemia, substitúense os premios que figuran no artigo 3 das bases e implican desprazamento e concentración de grupos de alumnado e profesorado por outros nos que non se dá esta circunstancia. Os galardóns para os centros pasarán a ser os seguintes:

1.º Premio. Cheque-regalo de 1.000 € para material audiovisual ou literario en lingua galega; figura e diploma acreditativo.

2.º Premio. Cheque-regalo de 600 € para material audiovisual ou literario en lingua galega; figura e diploma acreditativo.

3.º Premio. Cheque-regalo de 400 € para material audiovisual ou literario en lingua galega; figura e diploma acreditativo.

O certame de audiovisuais da Senda dos Faros é unha actividade complementaria do itinerario de interese paisaxístico do mesmo nome, un percorrido de 53 etapas que vai desde Tapia de Casariego (Asturias) até Vila Nova de Cerveira (Portugal), con diferentes treitos insulares (Ons, Cíes e Sálvora) e cunha importante vertente divulgativa.

Froito da vontade de mobilizar a participación da comunidade educativa xorde o certame de curtas, unha iniciativa na que se valora non só a capacidade dos escolares de plasmar a importancia paisaxística, natural e histórica das etapas, senón tamén o elemento lingüístico: “Entre todos os valores culturais e naturais que se atopan neste percorrido, o galego destaca necesariamente como vehículo de relación e de expresión, como un valor patrimonial común a todos os territorios, un patrimonio que hai que coidar e valorizar”, faise saber nas bases do concurso, impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (Consellería de Cultura e Turismo), e a Dirección Xeral de Educación, Formación e Innovación Educativa (Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional).

Os seus obxectivos son:

-Pór en valor, promover e fomentar o coñecemento do patrimonio, a paisaxe, a natureza, as lendas, a gastronomía, ou calquera outro activo do territorio polo que atravesa a Senda dos Faros.

-Dinamizar o uso da lingua galega entre o alumnado e entre a comunidade educativa.

-Promover unha imaxe positiva e actual da lingua galega por medio da vinculación coas tecnoloxías da información e da comunicación.

-Favorecer a presenza e o uso do galego en novos espazos e soportes.

-Fomentar o galego oral, coa creación de novos ámbitos de uso frecuente que favorezan a utilización da lingua dentro e fóra das aulas.

-Estimular a participación e o traballo conxunto entre o alumnado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una gran defraudación” – Manuel Domínguez

“Una gran defraudación” – Manuel Domínguez

Podéis pensar que me refiero a Trump, a las elecciones, a los que mañana lloraran como decía la madre de Boabdil “defiende como mujer lo que no supiste defender como un hombre” , pues no, no me refiero y con gran dolor a las ultimas horas de Kamala Harris, estaba...

“Mentiras en el quiosco”. José Castro López

“Mentiras en el quiosco”. José Castro López

El buen periodismo se caracteriza por publicar y difundir noticias veraces y opinionesindependientes para que lectores y oyentes conformen una valoración lo más realposible de lo que está ocurriendo en su entorno próximo y más lejano.Pero hoy circulan por la red con...