ADEGA e a Mancomunidade Serra do Barbanza retoman o programa de concienciación sobre o lixo

02 Xullo 2020

Regresa o programa O Lixo Dende O Teu Concello, impulsado pola asociación ecoloxista ADEGA e o Complexo Medioambiental da Mancomunidade da Serra do Barbanza. Trátase dunha iniciativa para achegar aos concellos e a cidadanía contidos e actividades de educación ambiental, con charlas e obradoiros destinados a promover actitudes de respecto e coidado da contorna e de sustentabilidade. Outro dos obxectivos do programa é subministrar á xente medidas para reducir o plástico nas súas vidas e para a correcta reciclaxe dos embalaxes.

A iniciativa ponse a disposición dos concellos de Brión, Lousame, Noia, Porto do Son, Muros, Ames, Pontecesures, Carnota e Rois.

O programa ofrece un total de 11 actividades predefinidas que estarán acompañadas de materiais de

consulta sobre a grave problemática do lixo e as posíbeis solucións. Poderanse acoller a elas tanto os Concellos como os centros de ensino, asociacións de veciños/as, culturais, etc., da Mancomunidade do Barbanza.

ADEGA salienta a flexibilidade do programa (que pode adaptarse ás situacións particulares de cada centro ou asociación) e máis a metodoloxía activa e participativa da que fai gala, coa que se pretende achegar a temática dos residuos a todos os ámbitos da sociedade, “para que esta perciba as implicacións sociais, naturais e económicas do lixo”.

Os concellos e outras entidades da Mancomunidade da Serra do Barbanza que queiran desenvolver algunhas destas actividades ou realizar algunha outra acción relacionada coa xestión dos residuos sólidos urbanos na súa bisbarra deben contactar con ADEGA a través do correo: residuos@adega.gal.

Outros artigos

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao...

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

Muchas veces el silencio mata. Han sido muchos los que en la II guerra, salvaron del holocausto a muchas vidas judías, Schindler, el español conocido como ángel de Budapest, Wallenberg, o el portugués Sousa Méndes. Todos ellos hacían el bien, por el bien, por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.