“A Virxe da Arousa”. Por Antón Luaces

16 Xullo 2020

“Caminante, no hay camino, sino estelas en el mar”, proclamaba don Antonio Machado. E supoño que non haberá quen non concorde co insigne poeta por máis que el reflectía no poema uns campos de Castela que hoxe viñeron á miña memoria ao lembrar unha tarde plena de verán na que, na compaña dun grupo de amigos, gozaba das derradeiras raiolas de sol deitado no lombo dunha inmensa pedra que facía -e fai- fronteira na praia de Area de Secada, no concello barbanzán de Riveira. 

Dende o máis alto daquela rocha contemplaba con inmenso gozo o ronsel que na ría de Arousa deixaban as ducias de embarcacións que fixaban rumbo de entrada ou saída no illote da Ínsua (pedras, argazo, un faro, gaivotas, xulias, un polbo fuxidío e unha manchea de nécoras inquedas) debuxadas coa música de fondo dos  tac-tac dos motores HMR dos racús, o renxer dos estrobos dos remos e o asubío da proa das dornas ao cortar coma coitelo o mar tendido, xa na fresca.
Era un día tal que o de hoxe. Un 16 de xullo, festa da patroa do mar, a Virxe do Carme, que en Riveira non se celebra ata as festas patronais de agosto con todo o esplendor do mundo: procesión a pe dende a igrexa parroquial ata o peirao e, xa aquí, procesión marítima coa Virxe a bordo dun barco elixido disque ao azar (tamén había quen dicía que era resultado dunha poxa a que decidía que barco a levaba ata a boca da ría) arrodeado de ducias doutras embarcacións de todo tipo que fan compaña á Estrela dos Mares.
 A fermosísima imaxe da Virxe do Carme de Riveira era trasladada procesionalmente en terra a hombreiros de catro ou seis mariñeiros que vestían, para a ocasión, os mellores dos seus traxes, talvez o único traxe do que dispuñan. Mariñeiros de Fondevila. da Barreira, de Martín, do Pombal, de Bandaurrío, do Touro, de Padín, de Deán, do Caramecheiro, mariñeiros do Peiral (que foi, dicía don Carlos García Bayón, onde naceu Riveira).  Outros catro ou seis  marineriños de remprazo  daban escolta a aquela imaxe e, tras desta, as autoridades, o clero e a banda que todos coñeciamos como “a de Severo”, marcando máis ou menos o paso. Pero en agosto;  non nun 16 de xullo, que era cando A Pobra tributaba oficial homenaxe á patroa do mar. Riveira non, Riveira tiña reservado un dos primeiros días de agosto para festexar con groria á nai de todos os traballadores do mar. Dos que ían ao mar, porque pescaban, e dos que ían navegar, porque eran da mariña mercante e sempre estaban na cidade de Riveira para acompañar á Raíña do Mar. 
Riveira ten unha chea de atalaias naturais para seguir a navegación dos seus moitos barcos e embarcacións menores. As ramplas do seu peirao gardan hoxe con morriña aquela vella estampa das dornas quilla ao sol para as pintar dempois de estopealas con estopa e carena. Eran outros tempos, nos que os ruídos dos coches nas rúas non apagaban os sons que chegaban do mar, nen a serea da lonxa na que o señor Juan cantaba os lotes para a súa poxa, e o amigo Acevedo cantaba á lúa.

Outros artigos

“Pereira, la tierra del civismo con aroma a café”. Alberto Barciela

En su maravilloso “Botella al mar para el dios de las palabras”, extraído de “La Jornada”, México, Gabriel García Márquez habla de sabores, del regusto de la vida, de la naturaleza y de lo natural, y se pregunta: “¿Cuántas veces no hemos probado nosotros mismos un...

+

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

Después de cientos de años no aprendemos nada y seguimos la misma dinámica de guerras, en vez de llegar a acuerdos para construir en vez de destruir. Parece una contradicción que haya que armarse para la paz por miedo al invasor como Putin. Cuanto más poder tienen más...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El sanchismo se rearma”. Arturo Maneiro

“El sanchismo se rearma”. Arturo Maneiro

Mucho antes de que el presidente del Gobierno se atreva asometerse en el Congreso de los Diputados al abierto y durorechazo de sus socios al incremento del gasto en Defensa paracumplir sus compromisos personales con la UE, él ya hacomenzado el rearme en los medios de...