A tartaruga Abanqueiro xa nada libre cara as augas do Caribe

08 Xullo 2020

Abanqueiro, a tartaruga mariña común que foi atopada en maio no litoral da parroquia boirense do mesmo nome, xa nada ceiba no Atlántico en dirección a augas máis tépedas (as do Caribe) e sen o lastre que significa o plástico que levaba dentro, obstruíndo gravemente o seu aparato dixestivo. Así o comunicaron este xoves 8 de xullo os técnicos da Asociación Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) e da Consellería de Medio Ambiente, que participaron no Grove na liberación da tartaruga, xunto coa directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo.

Os encargados da recuperación de Abanqueiro, tras a súa localización en maio, foron os técnicos da coordinadora CEMMA, que facilitaron todos os coidados oportunos para restituír a saúde da tartaruga, que mostrou melloría no seu estado despois de expulsar material plástico que causaban unha obstrución parcial no seu sistema dixestivo.

A directora xeral recordou “a importancia de evitar a presenza de plásticos no mar, porque ademais de ser un foco de contaminación do ecosistema importante, poden chagar a provocar a morte e feridas importantes ás aves e aos mamíferos mariños que habitan a costa galega”. Salientou que detrás da recuperación de Abanqueiro está o traballo e profesionalidade do equipo de CEMMA, pois no momento no que foi localizada o exemplar medía 31 cm, pesaba dous quilos e presentaba varias feridas de pouca consideración nas aletas e na cuncha.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.