A rapazada de Lousame afianza a súa vea científica da man do programa de conciliación local

21 Xullo 2020

Lousame Concilia, o programa impulsado no concello barbanzán para facilitar a compatibilidade do lecer estival da rapazada e a actividade laboral dos maiores da casa, está a encher de ciencia e experimentos o termo municipal, sacando a investigadora e o investigador que levan dentro as nenas e os nenos de entre 3 e 12 anos.

As instalacións do CPI Cernadas de Castro acolleron nas últimas xornadas unha serie de xogos de maxia, traballos manuais e experimentos científicos sinxelos e divertidos para a rapazada, como por exemplo o dos “flocos de millo saltaríns”. Participa unha vintena de nenas e nenos.

A maiores das actividades devanditas, o programa tamén inclúe xogos de auga, xogos populares e sesións de cinema.

Lousame Concilia Verán está organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Lousame, que conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo.

Outros artigos

Rexistradas máis de 200 incidencias por meteoroloxía adversa

Entre a medianoite e as 11 horas desta mañá, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias xestionou un total de 213 incidencias provocadas polos efectos da chuvia e do vento. Nestes momentos permanece activa unha alerta laranxa por chuvia no suroeste e de vento no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pasear ou traballar” – Xulio Xiz

“Pasear ou traballar” – Xulio Xiz

Antes, as sentencias cuasi filosóficas eran propias da xente de idade, adquiridas por experiencia vital. E palabra de vello era palabra sabia, material sobre o que se construíu o riquísimo refraneiro popular. A frase rotunda que orixina a miña cavilación, foi...