A praia ribeirense de Coroso xa ten bandeira azul

15 Xullo 2020

A praia de Coroso xa luce bandeira azul. O alcalde de Ribeira Manuel Ruiz e o concelleiro de Turismo Ramón Doval procederon a izar este distintivo, que ondea moi preto do posto de socorristas.
Precisamente foron as dificultades xeralizadas á hora de atopar un número de socorristas suficiente as que levaron ao Executivo —explicou o alcalde— a renunciar durante varios anos a solicitar esta enseña para os principais areais do municipio, pois se antes era relativamente sinxelo contratar uns 50 efectivos agora escasamente se pode cubrir a metade.
Non obstante, o Concello decidiu este ano solicitar a bandeira para o seu areal urbano máis emblemático e frecuentado a petición da asociación local de empresarios, presente no acto por medio de Juan Rey. O rexedor municipal expresou a súa confianza en poder solicitar a enseña para outras praias de Ribeira unha vez se resolvan as dificultades á hora de atopar socorristas bastantes.
Pola súa parte, Ramón Doval quixo poñer en valor a gran oferta de areais existentes no noso termo municipal, que o fan o que máis quilómetros de praia ten na provincia coruñesa.

Izado da bandeira azul en Coroso- Ribeira 2020

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.