A Pobra entrega os premios do seu certame Fóra Meigallo!

13 Xullo 2020

O Concello da Pobra entregou os premios do concurso Fóra Meigallo!, convocado para celebrar a través da rede social Facebook a festividade de San Xoán, ás tres gañadoras do certame.

O concurso, como lembraremos, levouse a cabo entre o 19 e o 22 de xuño, e o seu obxectivo foi “pór en valor do medio natural que nos rodea en relación cos costumes tradicionais galegos relativos a esta data”, ou sexa, a importancia das plantas, rituais e expresións orais que van ligadas ao San Xoán da Pobra do Caramiñal.

Tamén tivo o obxectivo de seguir mantendo viva a chama da dita festividade, nun ano en que se tiveron que cancelar todas as celebracións de índole pública.

Os premios ás tres gañadoras consistiron nunha bolsa de tea co lema do concurso, con material para axudar á reciclaxe na casa e nas praias, e máis material sobre varias campañas de sensibilización medioambiental realizadas polo Concello. As gañadoras foron:
1- Dolores Devesa Casais (14 gústame ás 12:00 do día 22/06/20)

2- Alicia Seoane Cameán (11 gústame ás 12:00 do día 22/06/20)

3- MryMrs Basallo Rego (5 gústame ás 12:00 do día 22/06/20)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

Un amigo asombrouse de que eu viaxase co IMSERSO, por terlle quedado ao sistema a sona de que os participantes son vellos e fan cousas que se supoñen son ou foron de vellos, entrelas os bailes, xogos de cartas, karaokes, e monótonas tardes vendo pasar a vida por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.