A Pobra achega unha decena de espectáculos circenses e humorísticos no Cantón da Leña, os meses de xullo e agosto

13 Xullo 2020

O Concello da Pobra do Caramiñal compartiu con nós e cos nosos lectores a axenda final de actividades circenses e teatrais para este verán no termo municipal, un programa (Verán Cultural) que destaca pola reivindicación sen fisuras do humor e do talento pero, tamén, por incluír unha manchea de citas de formato pequeno para, por unha banda, manter acesa a chama da cultura e a creatividade e, pola outra, garantir ao cen por cen a seguridade dos asistentes e dos participantes.

A axenda de actividades, unha decena de espectáculos circenses e humorísticos, comeza este 14 de xullo, da man de Duende Circo, coa representación de Pallaso total. As citas serán todas elas no Cantón da Leña ás 20.30 horas. Veñen da man do Concello da Pobra do Caramiñal e a Deputación da Coruña.

A continuación achegamos o programa tal e como nos chegou:

14 xullo Duende Circo. Pallaso total é a creación de Víctor Cantero, artista multidisciplinar. Humor, malabares, música e maxia, son algúns dos ingredientes deste explosivo cóctel.

21 xullo Compañía Mónica Paradela. Monitoleando. Moni Mundana quere achegar a espectacularidade do circo ás rúas, nun espectáculo para todas as idades que mistura o clown, a acrobacia aérea, os números de lume, os malabares, a percusión, a danza africana e a participación directa do público

28 xullo Vueltos de Rosca. Lila Star. Beatriz Rubio criada no seo dunha familia de acróbatas de circo clásico leva á escena un “especta-culazo” con técnicas de circo: Acrobacia, equilibrio de mans, rola-bola, clown

30 xullo Charo Pita. A familia papaventos. Trátase dun traballo de Charo Pita cos músicos María Faltri e Jorge Juncal no que interpretan cancións en formato trío. Esas cancións forman parte do libro O país do vento publicado por Charo Pita coa editorial Galaxia.

4 agosto SU.MA. Ikigai. Neste espectáculo de danza-circo dirixido por Gonçalo Guerreiro (Elefante Elegante), dous personaxes, Sue Moreno e Maria Move, crean mundos de fantasía. Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo, son os ingredientes deste espectáculo.

6 agosto MadCompass. Os limpabotas. Nino e Mambrú. MadCompass é unha nova compañía que reúne artistas de Italia, Francia e Galicia. Un grupo de creadores que veñen do teatro físico, o circo, a música, a danza e os mundos da máscara e o monicreque. Os limpabotas é un espectáculo onde a acrobacia, a esgrima, o mimo e a improvisación co público converxen nunha obra de público familiar.

11 agosto Inveti Teatro. A gran viaxe. Trátase dun espectáculo de rúa divertido e visual que conta cun fantástico vehículo espacial composto por un antigo 600 e un propulsor remolcado.

13 agosto MUU. Cruch. A compañía MUU nace da colaboración entre As Sircópatas e Circo Chosco. Neste espectáculo de novo circo Daniel Blanco e Óscar Páez son dous superheroes dispostos sempre a axudar e que nos farán rir cos seus saltos mortais, cos golpes e caídas, malabares, clown. Un espectáculo fresco e divertido para toda a familia

18 agosto Peter Punk Pallaso. Chungatrona. Neste espectáculo veremos unha aloucada entrada en escena coa Testarrosa, o miniciclo de Peter Punk. Números de maxia coa colaboración do público. E como colofón, un final único no mundo: A Chungatrona!! Un aparello pensado por un pallaso, que manterá ao público en tensión ata que… algún incauto resulte totalmente mollado e a cara cuberta de tarta. Todo isto, para desatar a risa, a diversión e a loucura de todo o público menores e maiores.

Outros artigos

Barbanza Arousa entrega os premios da XI edición da ruta + q Tapas

A Mancomunidade Barbanza Arousa, formada polos concellos da Pobra do Caramiñal, Rianxo, Boiro e Ribeira, entregou na mañá deste martes 3 de marzo os galardóns da novena edición da Ruta de Tapas + q Tapas, impulsada pola entidade supramunicipal. A hostalaría dos catro...

+

A Pobra reivindica unha “igualdade real” no marco do 8M

O Concello da Pobra do Caramiñal conmemora o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, cun amplo programa de actividades que combina accións educativas e actos institucionais co obxectivo de seguir avanzando cara "a unha igualdade real". “Este 8M queremos que a nosa...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.