A organización da Festa Hortera de Porto do Son achega un comunicado oficial de cancelación

16 Xullo 2020

Haberá que agardar tempos mellores para desfrutar das grandes celebracións da nosa comarca. Mentres tanto e ante a imposibilidade de garantir a seguridade requirida para cidadáns e visitantes, é o intre de pór en práctica medidas que acouguen o noso espírito festeiro, que xa haberá ocasión para darlle renda solta. Este mércores 15 a organización dunha das celebracións que máis adeptos ten na nosa contorna (e máis alá), a Festa Hortera de Porto do Son, emitiu un comunicado oficial no que se informa da cancelación oficial do evento e que se pode resumir deste xeito: “É o momento de ser responsábeis. Estaremos de volta o vindeiro ano máis fortes que nunca”.

No comunicado lémbrase a complexa situación pola que estamos a pasar (un intre que non resulta o máis axeitado “para realizar grandes eventos”) e aprovéitase para poñer o foco nos moitos elementos que atesoura Porto do Son para seguir visitándoo, malia a cancelación da devandita festa: “Non queremos deixar de recordarvos as marabillas que podedes atopar en Porto do Son, e que agora os nosos comercios e hostalería nos van precisar máis que nunca, pois son a base do financiamento da maioría das festas que teñen lugar no noso concello, é o momento de apoialos. Seguiremos traballando de cara á vindeira edición. Longa vida á Festa Hortera”.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.