A Oficina de Turismo de Boiro volve prestar atención ao público a partir desta finde

03 Xullo 2020

A Oficina de Turismo do Concello de Boiro retoma esta fin de semana a súa actividade, dando servizo a visitantes en horario (até o 9 de xullo) de 9.00 a 14.00 horas e polas tardes de 17.00 a 20.00 horas (os sábados e domingos de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.30 horas). O horario, dende o 10 de xullo até o 13 de setembro, pasará a ser de 8.30 a 14.30 horas e pola tarde de 17.00 a 20.30 horas. Os sábados e domingos deste segundo período a oficina estará aberta de 10.30 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas. O servizo, como lembraremos, interrompeuse en marzo por mor da COVID-19, e como unha medida máis destinada a garantir a seguridade sanitaria no concello. A súa reactivación forma parte dos traballos levados a cabo polo Goberno local para restablecer todos os servizos que se paralizaron pola emerxencia sanitaria.

A Oficina de Turismo está equipada con todas as medidas de seguridade e protección, delimitando as zonas de entrada e saída, as zonas de agarda mantendo as distancias de seguridade, dispensadores de xel hidroalcólico e máis biombos de protección. Retiráronse tamén os folletos e guías con información turística dos expositores, para evitar que sexan manipulados, e habilitáronse códigos QR que as persoas usuarias poden escanear para ver no seu dispositivo móbil a información na que están interesados, en varias linguas, a través da web www.boiroturismo.gal.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.