“A illa das mentiras”, ópera prima de Paula Cons, participa na 23ª edición do Festival Internacional de Cinema de Shanghái

22 Xullo 2020

Apenas 48 horas para o estreno en España na plataforma FILMIN da película ‘A illa das mentiras’, ópera prima de Paula Cons, e coñecemos que a película participará na 23ª edición do Festival Internacional de Cinema de Shanghái ( SIFF), un dos festivais máis importantes de Asia e o único festival de China de clase A.

Fotograma da Illa das Mentiras

Será na sección oficial “ Golden Globet Award” do certame. Trátase do primeiro festival de clase A que se celebra fisicamente tras a pandemia. O festival adoita celebrarse en xuño, pero a crise do COVID-19 obrigou a pospoñelo e dará comezo o próximo 25 de xullo, prolongándose ata o 2 de agosto. Un día antes, o 24 de xullo, a película estrearase na plataforma Filmin. ‘A illa das mentiras’ está dirixida por Paula Cons e protagonizada por Nerea Barros Dario, Aitor Luna, Vitoria Teijeiro e Ana Oca.

A película arranca no afundimento do buque “Santa Isabel” fronte ás costas da illa de Sálvora no concello de Ribeira en 1921, aínda que non é a historia do naufraxio se non un thriller novelado. A madrugada do 2 de xaneiro de 1921, o vapor-correo, con destino Buenos Aires e 266 persoas a bordo, afúndese fronte á costa da illa de Sálvora morrendo 213 persoas. A falta de homes na illa tres mulleres María ( Nerea Barros), Josefa (Vitoria Teijeiro) e Cipriana (Ana Oca), deciden ir ao rescate salvando a varias ducias de persoas, un acto heroico que pagarán moi caro.

Triller oficial de A Illa das Mentiras. Versión castelán

Tras estes feitos, un xornalista arxentino, León (Darío Grandinetti), acode a Sálvora para cubrir a noticia do naufraxio. Aos poucos irá descubrindo que esa noite producíronse demasiadas casualidades na illa, chegando mesmo a sospeitar que o naufraxio puido ser provocado. Mentres tanto, xa nada será igual. O naufraxio sacudirá e cambiará para sempre a vida da illa. ‘A illa das mentiras’ é unha coprodución entre as españolas Agallas Films e Historias do Tío Luís, coa arxentina Aleph Cinema e a portuguesa Take 2000.

Conta coa participación de TVG, RTVE e ETB, e co apoio de AGADIC, Gobierno Vasco, ICAA, INCAA arxentino, ICA portugues e o Programa Ibermedia. Da súa distribución nacional e internacional ocúpase Filmax. Co título de ‘O Santa Isabel’ a película recibiu o ano 2018 un total de 400.000 euros na convocatoria de axudas selectivas do ICAA. Así mesmo, este proxecto foi seleccionado e finalista no Foro EGEDA/ FIPCA celebrado no marco dos Premios Platino, e para participar no SantiagoLab Cruzando Fronteiras no marco do SANFIC, Festival de Cinema de Santiago de Chile.

A película está prevista se estrene en cines a partir de setembro e inicialmente a gala de estreno está prevista en Ribeira.

Tema musical de A Illa das Mentiras 

Outros artigos

Ambar inaugura no Museo do Gravado de Artes a exposición “Acotío”

Este venres 7 de novembro o Museo do Gravado de Artes acolleu a inauguración da exposición Acotío, unha mostra que reúne oito pezas de gravado en punta seca realizadas por artistas da área de arte da Asociación Ambar. A exposición é o resultado final dun obradoiro...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.