A Fundación Ronsel informará no Viveiro de Ribeira das axudas de EMEGA e do Cheque Autónomo

09 Xullo 2020

O Viveiro de Empresas do Concello de Ribeira acollerá a próxima semana unha xornada informativa gratuíta sobre as axudas do Programa EMEGA e o Cheque Autónomo da Xunta de Galicia, que será impartida por un técnico da Fundación Ronsel. A actividade será o xoves 16 de xullo en horario de 12 a 14 horas. Comezarase abordando os detalles do Programa EMEGA para despois, a partir das 13.00 horas (aproximadamente) afondar no Cheque Autónomo.

As persoas interesadas en asistir, poden formalizar a inscrición dos seguintes dous xeitos:

• Por correo electrónico: orientacionribeira@ribeira.gal (indicando nome e apelidos, localidade de residencia, teléfono de contacto e xornada ou xornadas nas que está interesado/a)

• Por teléfono: 981 87 14 97

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...