A embarcación da Real e Ilustre, a Dorna Nai, sufriu un pequeno incidente que obrigou a reflotala ata a praia de Area Secada. O suceso ocorreu a media tarde cando a nave pasaba á altura das pedras de Airoa.
A causa parece ter a súa orixe nunha manobra na viraxe e o cambio na dirección do vento o que orixinou que a Dorna Nai envorcara e comezara a entrar auga.
A axuda dunha lancha a motor que pasaba pola zona reflotou a embarcación ata a praia e os tripulantes que ían a bordo foron rescatados polos compañeiros que viaxaban nas outras dúas embarcacións da Real e Ilustre, a Virxe do Carme e a Jalerna.
Non houbo que lamentar feridos e ata o lugar desprazouse a lancha de salvamento da Cruz Vermella de Ribeira, que finalmente non tivo que intervir. A intención dos membros da Cofradía da Dorna era esperar a que baixara a marea para achicar a auga e así poder logo levar á Dorna Nai ata os pantaláns do porto.