A disposición da veciñanza de Ribeira unha horta colectiva para autoconsumo cedida por un veciño de Castiñeiras

15 Xullo 2020

A agrupación SumaRibeira vén de informar da posta en marcha dunha horta ecolóxica, destinada ao autoconsumo e dispoñíbel principalmente para as familias locais de escasos recursos que queiran cultivar os seus propios produtos. A iniciativa provén dun veciño da parroquia de Castiñeiras, quen, nun importante xesto de xenerosidade, máis relevante aínda nestes tempos que corren, contactou coa plataforma cidadá que coordina Xurxo Ferrón para formalizar a cesión temporal dunha finca da súa propiedade.

Segundo informou SumaRibeira, a leira posta a disposición da veciñanza local volve poñer sobre a mesa un debate aberto no concello pola agrupación cidadá, moi comprometida con políticas medioambientais e a sustentabilidade e que, xa hai un tempo, presentou unha proposición para a creación de horas ecolóxicas municipais no pleno municipal, sendo aprobada por unanimidade. Porén, lembran, “até o agora non se puido ver iniciativa concreta algunha por parte do Goberno local”.

Volvendo ao horto ecolóxico cedido polo veciño de Castiñeiras, SumaRibeira lembra que as persoas interesadas deberán contactar coa agrupación a través do Facebook ou correo electrónico. No caso de que houbera máis solicitudes que parcelas dispoñíbeis, explican, terían preferencia as persoas coas rendas máis baixas. Por outra banda, as persoas inscritas recibirán dende mediados de agosto ata mediados de setembro uns cursos de balde para aprender a crear e cultivar unha horta de xeito ecolóxico, cursos que estarán abertos a toda a cidadanía e que se prolongarán en setembro coa aplicación práctica, a pé de leira, de todo o aprendido previamente (comezarase preparando o terreo para cultivalo e dividilo en parcelas segundo a xente que estea inscrita para participar).

Dende SumaRibeira recordan que “este tipo de proxectos están tendo boa aceptación en moitas partes do mundo, tamén aquí en Galicia, sobre todo nas cidades os gobernos municipais con sensibilidade no tema aportan terreos de propiedade pública ou cesións privadas para que os predios non estean abandonados e se lles poda dar un uso social, pedagóxico, estético ou culinario representando un atractivo máis a ter en conta e tamén en moitos casos serven de terapia e pasatempo para persoas maiores e xubiladas ou momentaneamente paradas”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.