A Deputación lanza a nova edición do seu certame para reivindicar o empuxe turístico dos concellos: #hoxeescriboen

23 Xullo 2020

A Deputación da Coruña convocou unha nova edición (a oitava) do concurso de verán Hoxe escribo en…, destinado a reivindicar nas redes sociais os moitos atractivos dos nosos concellos a través de relatos e fotografías. A iniciativa, impulsada baixo o cancelo #hoxeescriboen pola Biblioteca Provincial e a Área de Turismo, terá aberto o prazo de presentación de contribucións (achegas literarias breves en formatos .doc, .docx ou .odt e fotográficas en formato .jpg e de 3 MB de tamaño máximo) até o 31 de agosto. As segundas (as imaxes) deberán ilustrar os primeiros (os textos) e estar localizadas na poboación do concello da persoa concursante.

A organización convida a que os relatos fomenten o patrimonio dos concellos da Coruña: pódense crear historias relacionadas coa historia local, cunha lenda de cada poboación, cunha tradición da localidade, con persoas destacadas dela, coa súa riqueza cultural ou medioambiental… “calquera dos seus aspectos positivos que se queiran dar a coñecer”, infórmase nas bases. A seguir, cómpre enviar os relatos e mailas fotografías, xunto cos datos persoais (nome e apelidos, teléfono, enderezo postal e concello dende o cal participa e en que se ambienta o seu relato), ó enderezo electrónico biblioteca.info@dacoruna.gal. Cada persoa poderá participar tódalas veces que quixer; ten que enviar cada unha das súas participacións nun correo electrónico individual.

O premio será unha noite para dúas persoas con cea, spa e almorzo incluído na mañá seguinte no parador de Muxía. Ademais, entre tódalas persoas participantes de cada concello realizarase un sorteo dun lote de libros e produtos da provincia da Coruña, que se lles enviarán ao enderezo postal previamente indicado. En setembro un xurado valorará os relatos e fotografías e ditará a resolución do premio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.