A conselleira do Mar na escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

01 Xullo 2020

Antes da visita á lonxa de Testal en Noia a conselleira do Mar achegouse á Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, dependente da Consellería do Mar, e en ambos lugares a conselleira estivo acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez.

En Ribeira Rosa Quintana puxo de relevo o importante papel que xogan centros de formación coma este para facer fronte ao reto do relevo xeracional, pois deles sae man de obra para as empresas do sector. Ademais explicou que son centros dinamizadores da súa contorna debido á súa colaboración con entidades do seu eido de actuación.

De aí, sinalou, a importancia de que estes centros conten coas instalacións axeitadas como no caso da Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira, que dispón de aulas ordinarias e taller de artes e aparellos, seguridade, primeiros auxilios, electrónica, soldadura e motores, entre outras. Tamén conta con laboratorio e biblioteca, simuladores de navegación, pesca, comunicación, frío ou máquinas e outros máis recentes como salón de actos e aula de pesca sustentable.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.