María Outeiral comproba as tarefas de mantemento que se realizaron no CEIP de Escarabote

14 Xullo 2020

O Concello de Boiro visitou este martes 14 de xullo as instalacións do CEIP de Escarabote para verificar as obras de mantemento que se fixeron no colexio para poñelo a punto de cara ao vindeiro curso. Na visita participou a concelleiro de Ensino, María Outeiral, quen tamén tomou nota das actuacións pendentes de realizar. Segundo fixo saber, o obxectivo co Goberno local é “aproveitar o verán para solucionar as deficiencias que presentan as instalacións e que estean listas para cando se retomen as aulas”.

No CEIP Escarabote os operarios municipais estiveron realizando tarefas de acondicionamento, tanto interior como exterior, así como limpezas xerais de todo o edificio.

Entre as tarefas no interior do edificio que realizaron están o pintado de aulas e zonas comúns e o arranxo dos marcos de madeira das xanelas (con vistas a protexelas das filtracións de auga e das humidades). Entre as tarefas no exterior, os operarios realizaron traballos de roce nos espazos axardiñados, poda de árbores, limpeza de patios, pintado de varandas e barrotes…

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.