A Cofradía da Dorna retoma este sábado a venda de suadoiros e dá a saída a unha ruta a vela pola ría

16 Xullo 2020

O posto dorneiro habilitado os días pasados na praza de España de Ribeira

A Real e Ilustre Cofradía da Dorna lembra dende o seu Facebook que este sábado 18 volveremos ter unha oportunidade para facernos cos suadoiros dorneiros da edición deste ano, segundo recordan “un artigo de gran luxo que ten a capacidade para marcar unha distinción social entre a sociedade da comarca”. Para esta segunda xornada da venda, que segue á celebrada hai uns días na praza da España, habilitarase o posto de venda na avenida do Malecón, nas inmediacións do antigo palco de pedra. Desde as 10.33 horas, con “puntualidade inglesa”, as persoas interesadas poderán achegarse e adquirir a devandita prenda oficial da selebrasión mariñeiro-festiva de Ribeira.

O programa de actividades deste sábado compleméntase cunha singradura pola ría de Arousa que forma parte dunha ruta de seis xeiras con pernoctación incluída no mar e acompañados os tripulados (tres “aguerridos dorneiros”) dun kit dorneiro básico de supervivencia. Os navegantes serán Ramón Silva, Rubén Cores e Manuel o da Ghregha e a embarcación tradicional da que botarán man será a Dorna Nai da Cofradía. A previsión é “faser noite en Rianxo” e remontar, na xeira seguinte, o río Ulla até Poncesesures. Vilagarcía, Vilanova, Cambados e O Grove serán os vindeiros portos-cama ata por rumbo ao porto base de Ribeira.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.