A Axencia de Protección da legalidade urbanística priorizará as inspeccións nos concellos da costa

27 Xullo 2020

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe aresolución pola que se lle dá publicidade ao plan de inspección aprobado pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para o período 2020-2021.
A finalidade deste documento é determinar os obxectivos principais e as actuacións prioritarias da Axencia, coa finalidade de mellorar a calidade e a eficacia da disciplina urbanística ao servizo da cidadanía e de garantir a obxectividade nas súas actuacións.
Concretamente, neste Plan de inspección urbanística (PIU) regúlanse, entre outras cuestións, as operacións de vixilancia e inspección prestando especial atención aos territorios dos municipios costeiros, daqueles concellos con espazos naturais ou áreas de especial interese paisaxístico, ou daqueles por onde transcorran as rutas dos Camiños de Santiago normativamente delimitados.
Coa aprobación deste novo PIU, o organismo dependente da Consellería de MedioAmbiente, Territorio e Vivenda continúa prestando unha especial atención e interese á inspección urbanística como un medio eficaz para prever a ocupación ilegal do solo e evitar a consolidación de construcións fóra de ordenación que deterioran o territorio e a paisaxe.
En concreto, o plan céntrase naquelas actuacións que se realizan de oficio, con independencia das inspeccións complementarias e necesarias para a tramitación dos expedientes xa en curso, así como das denuncias que formulan os concellos, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a propia cidadanía.
Estas inspeccións realízanse por funcionarios da escala de subinspección, en colaboración directa coa administración local correspondente. Ademais, as actuacións céntranse nas competencias atribuídas á Axencia, é dicir, nos usos prohibidos ou suxeitos a autorización autonómica, plan especial, ou sen axustarse ás súas condicións en solo rústico, e actuacións realizadas na zona de servidume do dominio público marítimo terrestre acometidas sen título que as ampare.
No caso de tratarse de concellos adheridos á APLU, estas competencias amplíanse, pasando a inspeccionar tamén os usos suxeitos a intervención municipal, segundo o que se recolla en cada convenio de delegación de competencias.

Plans bianuais e prorrogables
O PIU apróbase polo Consello Executivo da Axencia cunha vixencia bianual, prorrogable de xeito automático por períodos da mesma duración.
Para levar a cabo estas actuacións de inspección, a xefatura do servizo provincial correspondente elabora con carácter trimestral un cadro resumo dos concellos a inspeccionar, seleccionados en base a un criterio obxectivo en función da súa protección paisaxística e poboación.
Unha vez detectadas as infraccións, o PIU establece que deberán tramitarse prioritariamente aqueles expedientes que afecten a edificacións, construcións ou instalacións que estean en curso de execución, coa clara finalidade de reaccionar o antes posible e así evitar a súa consumación.
En aras de potenciar a colaboración coa administración local, tamén se tramitarán como prioritarias as obras denunciadas polos concellos adheridos á APLU.

Outros artigos

Amicos e CESUGA xuntan forzas en materia sociolaboral

A mañá deste mércores, 11 de febreiro, o Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA) asinou un convenio con Amicos, asociación inclusiva do Barbanza en materia sociolaboral. Segundo coincidiron, este acordo estratéxico permitirá achegar...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.