19 ofertas ás obras de pluviais en tres camiños da Atalaia de Corrubedo

16 Xullo 2020

O Concello de Ribeira informa de que un total de 19 ofertas foron presentadas a unha nova actuación consistente na pavimentación e instalación de pluviais a tres camiños situados na zona coñecida como A Atalaia, no entorno do cemiterio desta parroquia.
Cun orzamento de 146.932 euros, IVE incluído, e un prazo de execución de tres meses, a actuación constará por unha parte da pavimentación con aglomerado asfáltico en quente dos tres camiños en cuestión (sobreanchos incluídos) e, por outra, a dotación dunha nova rede de pluviais polo centro da calzada de cada camiño, dispoñendo pozos de rexistro cada corenta metros e arquetas sumidoiro nos laterais.
O investimento está incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019 da Deputación.

Camiño da Atalaia Corrubedo

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendocertezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dandofe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo...

“Therians”. Xulio Xiz

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.