11 casos activos na área sanitaria Santiago – Barbanza


Na àrea sanitaria de Santiago- Barbanza 11 casos activos, os mesmos que onte, sen ningûn hospitalizado. Hai 1.777 casos curados, un màis que onte e realizaronse 35.930 PCR, 209 mais que onte. No Distrito Sanitario da Barbanza non quedan casos activos en illamento  nin persoas en corentena a causa do abrocho por coronavirus detectado hai máis dun mes, ao recibir a alta epidemiolóxica  os dous caos que permanecían illados cuxas PCRs deron negativo.

Por outra banda a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 196, deles 52 son da área da Coruña, 80 da de Lugo, 6 da de Ourense, 15 da de Pontevedra, 32 da área de Vigo, 11 da de Santiago, e ningún da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 10 en unidades de hospitalización e 185 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.211 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 241.712.