Xulgados catro veciños de Ribeira por simular a venda dunha finca de Boiro

17 Xuño 2020

A Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, xulgou hoxe a catro veciños de Ribeira que orquestraron supostamente unha estafa simulando a compra dunha leira a un coñecido, aproveitando que este se atopaba ebrio.

O fiscal pide tres anos e medio de cárcere para cada un dos acusados, e no auto recolle que os procesados eran coñecedores de que a vítima padece un problema “crónico” de alcoholismo, o cal aproveitaron para executar o seu “plan”. Segundo explica o ministerio público, dous dos acusados, matrimonio, presentáronse no domicilio da vítima sabendo que se atoparía en “estado de embriaguez” e alí “apremáronlle para asinar un contrato de compravenda dunha leira da súa propiedade” situada en Boiro, que adquirira por herdanza dos seus pais. Os dous acusados presentáronlle ao denunciante o contrato redactado, que estipulaba “como prezo de compra a cantidade de 90.000 euros que os compradores entregan nese acto en billetes de curso legal, algo que non fixeron.

Os acusados levaron tamén o título de propiedade da leira. A fiscalía apunta que os dous acusados non tiñan capacidade económica para asumir a compra de tal inmoble, o cal nunca tiveron intención de pagar nin de habitar”. Segundo o ministerio público a acción obedecía a unha manobra fraudulenta, planificada con outros dous acusados un curmán político da vítima e o dono dunha inmobiliaria.

Os catro redactaron dúas semanas despois do primeiro contrato, outro documento no que figuraba a vítima como vendedor, un dos acusados como comprador e o resto como testemuñas e no que aparecía como importe 5.000 euros, cartos que tampouco foron entregados. Con estas operacións, os acusados fxieron un título novo ao obxecto de conseguir a inmatriculación da leira no Rexistro da Propiedade a nome dunha terceira persoa, tras realizar un terceiro contrato de compravenda a favor da empresa ‘Obra Nova Imaxe, S.L’, domiciliada en Madrid, por 6.000 euros”.

Este último contrato foi elevado a escritura pública notarial o 3 de xaneiro de 2008. A fiscalia considera os feitos constitutivos dun delito de estafa, lembra que a vítima está diagnosticado de alcoholismo crónico en grao grave, polo que as súas facultades achaban alteradas no momento da firmas dos contratos.

Outros artigos

O Concello de Boiro remata as obras para a mellora do firme en Moimenta

O Concello de Boiro vén de finalizar as obras para a mellora dun camiño no lugar de Moimenta, na parroquia de Macenda. O tenente de alcalde, Luís Ruiz, e o concelleiro, Roberto Lojo, visitaron este martes 10 de marzo o lugar para coñecer o resultado final das obras....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

Un amigo asombrouse de que eu viaxase co IMSERSO, por terlle quedado ao sistema a sona de que os participantes son vellos e fan cousas que se supoñen son ou foron de vellos, entrelas os bailes, xogos de cartas, karaokes, e monótonas tardes vendo pasar a vida por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.