Unha muller, atropelada polo seu propio vehículo en Porto do Son

Unha muller resultou ferida en Porto do Son ao ser alcanzada polo seu propio vehículo.

Foi un membro da súa familia quen chamou ao 112 Galicia preto das catro desta tarde para dar conta da situación e pedir asistencia médica.

Segundo relatou, o accidente produciuse na AC-558, en Noal. Alí acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Policía Local e voluntarios de Protección Civil da vila.

En espera permaneceron os Bombeiros de Ribeira ata que os equipos de emerxencia desprazados no lugar do accidente comunicaron que a persoa estaba liberada e accesible.