Ribeira prohibe as fogueiras públicas de San Xoán. Bando municipal

09 Xuño 2020

Como consecuencia da situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polo COVID-19, o Concello de Ribeira acordou o seguinte

BANDO

  1. PROHIBIR ESTE ANO A CELEBRACIÓN DAS TRADICIONAIS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN EN SOLO PÚBLICO MUNICIPAL, ÁREAS DE XESTIÓN MUNICIPAL E PRAIAS DURANTE A NOITE DO 23 DE XUÑO.
  2. PERMITIR A REALIZACIÓN DE CACHARELAS EN TERREOS PARTICULARES, DEBENDO RESPECTARSE AS CONDICIÓNS QUE SE RECOLLEN NO PLAN PARA A TRANSICIÓN CARA UNHA NOVA NORMALIDADE, ASÍ COMO AS CONDICIÓNS XERAIS, MEDIDAS PREVENTIVAS E DE SEGURIDADE QUE SE DETALLAN A CONTINUACIÓN:
    Condicións xerais:
  • Este Bando afecta unicamente a aquelas cacharelas que sexan realizadas en terreos particulares, o día 23 de xuño, a partir das 18.00 horas, as cales deberán quedar perfectamente apagadas antes das 06.00 horas do día seguinte.
  • Unicamente poderán ser realizadas aquelas fogueiras que teñan efectuada a comunicación, por escrito, ao Concello de Ribeira. Estas comunicacións só se poderán presentar no Rexistro do Concello, ou no Rexistro Electrónico desta Entidade, entre os días 10 e 19 de xuño de 2020, séndolle de aplicación o disposto neste Bando. As cacharelas poderán realizarse unicamente o día 23 de xuño.
  • Só se autorizan as cacharelas en terreos particulares localizados en solo urbano (núcleos urbanos) e en solo de núcleo rural (núcleos rurais).
  • Queda prohibido realizar lume en solo rústico con calquera uso (agropecuario, forestal…), así como en zonas próximas a terreos destas características que sexan susceptibles de causar un lume incontrolado, de acordo coa lexislación vixente.
    Medidas preventivas:
  • Previamente ao inicio da fogueira, farase unha devasa mediante a eliminación manual ou mecánica da totalidade do material combustible nunha franxa de polo menos cinco metros de longo, rodeando o perímetro que se vai queimar.
  • Non se prenderá lume preto de masas forestais ou matogueiras (50 metros de distancia mínima), nin a menos de 15 metros de calquera edificación, tendido eléctrico, instalación de calquera tipo ou vehículo.
  • Non poderá iniciarse ningunha fogueira cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento. Asemade, se iniciado o lume se producise a aparición de vento intenso, procederase a apagalo.
  • Non se abandonará a vixilancia da zona da fogueira ata que o lume estea totalmente apagado e transcorresen dúas horas sen que se observen lapas ou brasas.
  • A persoa responsable deberá ter a man medios adecuados para a extinción do lume.
  • O montón de materiais que forme a cacharela non poderá exceder de 1 metro de altura.
  • Non se abandonará a vixilancia da fogueira ata que o lume estea totalmente apagado e transcorresen dúas horas sen que se observen lapas ou brasas.
    Outras medidas/condicións:
  • Está prohibida a queima de todo tipo de residuos (materiais en cuxa composición interveña o plástico, colchóns, rodas, aerosois, produtos inflamables ou explosivos…), debido aos gases tóxicos que produce a súa queima.
    Autorización:
  • ENTENDERANSE AUTORIZADAS AS CACHARELAS SOLICITADAS SE NON MEDIA DENEGACIÓN EXPRESA PREVIA Á DATA DA CELEBRACIÓN, E SEMPRE E CANDO SE CUMPRAN AS MEDIDAS E CONDICIÓNS SINALADAS NESTE BANDO.
    Responsabilidades:
  • A autorización outorgada non eximirá en ningún caso das responsabilidades por danos ou perdas a que houbera lugar no caso de que o solicitante concorra en neglixencia ou imprudencia.
    Revogacións:
  • Este Concello, por iniciativa propia ou por instancia do Servizo Territorial de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, poderá revogar a autorización nos casos que non sexa posible garantir as medidas de seguridade e prevención de incendios.
  • En caso de incumprimento do indicado, ou de queixas fundamentadas dos veciños, poderase requirir a extinción das fogueiras.
    Observacións:
  • Non son obxecto de regulación por este bando as comunicacións de queima de restos agrícolas amoreados, nin as autorizacións de queima de restos forestais, cuxa competencia lle corresponde á Consellería de Medio Rural.
  • O cumprimento destas normas poderá ser comprobado polo GAEM, pola Policía Local, polos Bombeiros, e/ou por Axentes Forestais do Distrito Forestal IV, que darán conta das incidencias/infraccións detectadas.

Outros artigos

A Copa Galega de Fútbol Gaélico xógase en Ribeira o 26 de abril

Este 16 de abril celebrouse en Ribeira a presentación da Copa Galega de Fútbol Gaélico que se vai a celebrar o vindeiro sábado 26 de abril no Complexo Deportivo da Fieiteira; á presentación acudiron, o concelleiro de Deportes Xabier Vidal, o segundo tenente de...

+

Accidente sen feridos en Vixán, concello de Ribeira

Os bombeiros do Parque Provincial de Ribeira acudiron na pasada noite a realizar unha limpeza de estrada por un accidente de tráfico, en Vixan, na parroquia de Carreira do concello de Ribeira. O vehículo saírase da vía, sen ningún outro implicado e sen que ningunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A nosa e a vosa ruada”. Luís Celeiro

“A nosa e a vosa ruada”. Luís Celeiro

Estaba sentada nunha parede baixiña, diante da porta da casa, no mesmo barrio que vivíasúa tía, na mesma rúa onde vivira súa nai, seu pai e onde viven agora moitos recordos,lembranzas da nenez, da mocidade, das historias que leu e das que lle contaron. Estaba,igual...