As concellerías de Cultura, Xuventude e Deportes do Concello de Ribeira van organizar durante os meses de verán unha serie de cursos e actividades
náuticas a través das cales as mozas e mozos poidan facer actividade física ao aire libre aproveitando a contorna natural do que dispoñemos e ao mesmo tempo ocupar o tempo de lecer durante esta época do ano.
Cursos de iniciación ao Surf (100 prazas): Cursos de 10 horas distribuídas de luns a venres de 10.00 h a 12.00 h.
Idades: Nados/as entre os anos 2011 e 2001. Indispensable saber nadar.
Lugar: Praias do Vilar ou da Ladeira.
Quendas:
Do 20 ao 24 de xullo (20 prazas)
Do 27 ao 31 de xullo (20 prazas)
Do 10 ao 14 de agosto (20 prazas)
Do 17 ao 21 de agosto (20 prazas)
Do 24 ao 28 de agosto (20 prazas)
Prezo: 40€ (inclúe: clases, material e seguros de R.C. e de actividade).
** Os horarios ou lugares poderán sufrir modificacións en función das
condicións meteorolóxicas ou outras cuestións técnicas, as cales serán notificadas coa maior antelación posible.
Cursos de iniciación ao Windsurf – Paddle surf (60 prazas):
Cursos de 10 horas distribuídas de luns a venres de 10.00 h. a 12.00
h. ou de 12.00 h. a 14.00 h..
Idades: Nados/as entre os anos 2011 e 2001.Indispensable saber
nadar.
Lugar: Praia de Coroso.
Quendas:
Do 20 ao 24 de xullo (15 prazas)
Do 27 ao 31 de xullo (15 prazas)
Do 3 ao 9 de agosto (15 prazas)
Do 10 ao 14 de agosto (15 prazas)
Prezo: 40€ (inclúe: clases, material e seguros de R.C. e de actividade).
** Os horarios poderán sufrir modificacións en función das condicións
meteorolóxicas ou outras cuestións técnicas, as cales serán
notificadas coa maior antelación posible**
Bautismo de vela (50 prazas): Cursos de 3 horas de iniciación á vela lixeira (sábados do mes de agosto de 11.00h. a 14.00 h.).
Idades: Nados/as entre os anos 2012 e 2008.Indispensable saber nadar.
Lugar: Club Náutico Deportivo de Ribeira.
Quendas:
Sábado 1 de agosto (10 prazas)
Sábado 8 de agosto (10 prazas)
Sábado 15 de agosto (10 prazas)
Sábado 22 de agosto (10 prazas)
Sábado 29 de agosto (10 prazas)
Actividade gratuíta (inclúe: clases, material e seguros de R.C e de actividade).
** Os horarios poderán sufrir modificacións en función das condicións
meteorolóxicas ou outras cuestións técnicas, as cales serán
notificadas coa maior antelación posible**
Solicitude de admisión nas actividades
Prazo: do 6 de xullo ás 9.00 h. ata o 10de xullo ás 12.00h.
As inscricións faranse a través do rexistro xeral do concello de
Ribeira:
De maneira telemática (necesario certificado dixital).
Presencialmente (atención ao público de 9.30 h. a 13.30 h.).
Cada persoa interesada solicitará praza nas actividades que lle sexan de interese pero só poderá anotarse nun curso da mesma actividade.
No caso de que haxa varios rexistros dunha mesma persoa para a mesma actividade,unicamente se terá en conta o primeiro deles.

Exposición de listaxes: 13 de xullo
Publicaranse as listaxes de persoas admitidas na web do concello de Ribeira www.ribeira.gal(tendo en conta a protección de datos de carácter persoal, publicarse o nº de rexistro de entrada da solicitude).
Se houbese máis solicitudes que prazas dispoñibles nalgún dos cursos, terán preferencia as persoas empadroadas no concello de Ribeira (consultarase o censo municipal) e de persistir a mesma situación, realizarase un sorteo público (o día 15 de xullo, ás 12 horas no salón de plenos municipal).
Unha vez rematados os prazos e de quedar prazas libres, poderase seguir anotando xente ata que se esgoten as mesmas (incluso poderán repetir persoas que se anotaran no primeiro prazo), estas anotacións faranse de maneira presencial na oficina de deportes do concello de Ribeira.