Ribeira conmemora o Día da Diversidade Sexual cun ciclo Online de curtametraxes e actos telemáticos

25 Xuño 2020

O Concello de Ribeira vén de preparar unha programación de actividades dirixidas a conmemorar o Día da Diversidade Sexual que, dados os
condicionantes do covid-19, será integramente online.
A concelleira de Igualdade, Ana Ruiz, e a directora do Centro de Información á Muller, Dolores Crujeiras, encargáronse esta mañá de divulgar este calendario de eventos, que principiará na mañá deste
venres 27 de xuño cunha videocreación de apertura que se compartirá por Facebook e correrá a cargo do artista multidisciplinar Samuel Merino, máis coñecido no mundo virtual como Pomba e Boato.


A continuación divulgarase un ciclo de cinco laureados curtametraxes
LGTBIQ+ pola diversidade e contra intolerancia cuxos dereitos de emisión o Concello vén de contratar para amosar entre toda a cidadanía que queira achegarse a esta temática. Organizado en colaboración con CortaEspaña, o seu visionado estará dispoñible ata o 3 de xullo.
As pezas que se exhibirán a través dun enlace que se fará público nas redes sociais municipais (Facebook, Twitter e Instagram) e na páxina web ribeira.gal son “Dicen (they say)” dirixido por Alauda Ruiz de Azúa, “La huida” de Julio Montejo e Manu Montejo, “La pureza” de Pedro Vikingo, “Love wars” de Vicente Bonet, e “Y otro año, perdices”, de Marta Díaz de Lope Díaz.


A programación concluirá o 3 de xullo coa emisión dun videorelatorio formativo de peche a cargo de Patricia Freire, educadora social do colectivo Afectividades (Diversidade sexual – Feminismo).
Así mesmo, para celebrar o Día da Diversidade Sexual que se
celebra o 28 de xuño a fachada consistorial estará iluminada coas
cores do simbólico arco da vella.

Programación dia 28 de xuño Día da Diversidade

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.