Rianxo vai reforzar o servizo do corpo policial con varios axentes, para poder atender todas as incidencias e intensificar a vixilancia en todo o termo municipal do Concello de Rianxo.
Controlarase especialmente que as fogueiras cumpran as restricións establecidas polas circunstancias actuais ocasionadas polo COVID19, e tamén o resto de normas sinaladas no bando publicado pola Alcaldía.
Esta é una noite de celebración e de cumprir coas tradicións, pero non de libre vandalismo contra o patrimonio público e privado.
No dispositivo tamén participará Protección Civil Rianxo Perfil Oficial.
Respecta as normas, se bebes non conduzas e para calquera incidencia #chámanos
📞981860625 📞609862222 📞112
A Deputación de Pontevedra abre a versión dixital da exposición sobre Castelao e A derradeira leición do mestre
O Museo de Pontevedra ten ao noso dispor desde hoxe no seu sitio web a versión dixital de Castelao. A derradeira leición do mestre, a mostra que do 25 de xuño ao 27 de setembro exhibiu o icónico cadro que o artista e político rianxeiro Castelao pintou en 1945. Trátase...



