Rianxo prosegue as reunións sectoriais vía Jitsi con autónomos e empresarios

11 Xuño 2020

O Concello de Rianxo quere escoitar as necesidades e as propostas das empresas locais e establecer propostas de colaboración para mitigar as graves consecuencias que está a ter a COVID-19 nunha chea de sectores, especialmente nos ámbitos da hostalería, o turismo e o pequeno comercio, entre outros. Con este obxectivo iniciou un ciclo de faladoiros vía Jitsi (a ferramenta libre para vídeo-conferencias) con persoas autónomas ou que rexenten un pequeno negocio en Rianxo. As reunións, que xa comezaron este mes de xuño, estanse a desenvolver por sectores de actividade. Dende a web do Concello e dende o seu Facebook irase informando puntualmente das vindeiras citas online.

Na primeira das xuntanzas previstas participaron a edil de Urbanismo, Área de Rehabilitación, Desenvolvemento Local, Comercio e Emprego, Maricarmen Figueira, e o orientador laboral del Concello, Marcos Alejandro.

As sesións, que como dixemos lévanse a cabo por vídeo-conferencia (a través da ferramenta libre Jitsi) buscan “analizar a actual situación provocada pola COVID-19, escoitar necesidades e valorar propostas de colaboración por parte do Concello”.

O Goberno local, que ten canle propia en Jitsi a través da cal canalizar estas comunicacións co tecido produtivo rianxeiro, indica, que o acceso á plataforma poderá facerse nas vindeiras sesións a través de dispositivo móbil (teléfono ou tableta) ou computador persoal (portátil ou sobremesa). Na páxina do Concello indícanse polo miúdo os procedementos requiridos para tirar proveito da dita ferramenta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

Hai quen exerce de informador e percorre España cunha buguina nunha man e un teléfono móbil na outra nunha especie de pre-aviso de que alí, no lugar, vai pasar algo importante. Por exemplo, un discurso ou debate político que "poña orde" na polarización desenfrenada...

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.