Reprogramada a exposición de Ayaso no Lustres Rivas de Ribeira

17 Xuño 2020

A exposición “Reflexos da Costa da Morte” do pintor aguiñense Manuel Ayaso que fora suspendida no mes de marzo por mor da irrupción da pandemia xa ten data de celebración: desenvolverase do 27 de xuño ao 29 de agosto no Centro Cultural Lustres Rivas.
O acto de apertura terá lugar o sábado 27 de xuño ás 13 horas. O aforo estará limitado a 75 persoas, debendo confirmar asistencia no 981 835 650 ou en culturaefestexos@ribeira.gal antes das 14 horas do venres 26 de xuño. O uso da mascarilla será obrigatoria e agasallarase cun catálogo aos asistentes ata esgotar existencias.
Aforo das visitas
“Reflexos da Costa da Morte” está composto por 79 gravados a punta seca do artista. Poderá ser visitada de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 horas. O máximo de aforo permitido serán 50 persoas. A mascarilla será obrigatoria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.