Renobat Galicia anuncia que terá lista a súa nave no Polígono de Rianxo para comezos de outono

09 Xuño 2020

A empresa Renobat Galicia, da que falamos recentemente para informar dos seus plans para ampliar a súa presenza na nosa comarca, vén de facer balance dos traballos desenvolvidos para contar cunha nova nave no Polígono de Rianxo, unhas dependencias que, segundo prevén os responsábeis da firma, estarán listas para ser ocupadas entre setembro e outubro deste mesmo ano.

A sede rianxeira de Renobat Galicia estará na parcela 36 do dito parque empresarial e terá unha superficie de 3.046 metros cadrados, que adquiriu a Suelo Empresarial Atlántico (SEA) por 175.449 euros máis IVE no ano 2018. A empresa adícase á reparación de maquinaria industrial e venta, alugueiro e reparación de carretillas elevadoras. O investimento total foi de preto de 600.000 euros.

Renobat Galicia dará emprego a unas 15 persoas dende as ditas dependencias. As novas instalacións contarán cunha nave de 500 metros, con taller de carretillas elevadoras e maquinaria agrícola e industrial así como con espazo de oficinas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cambio, incertidumbre, inseguridad…”, José Castro López

“Cambio, incertidumbre, inseguridad…”, José Castro López

El control de Donald Trump de Venezuela y el probable atropello de Groenlandia, lamasacre de Putin en Ucrania, la amenaza permanente de Xi Jinping -los tres quierenrepartirse el mundo-, o el hastío de los iraníes con su régimen, por citar solo unosejemplos, son...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.