Renobat Galicia creará once empregos en Rianxo coa súa nova nave no polígono xestionado por SEA

05 Marzo 2020
Cedida

A xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, desprazouse esta mañá ata Rianxo para coñecer de primeira man o proxecto, xa en obras, da empresa Renobat Galicia, que se emprazará nunha parcela do parque empresarial adquirida no 2018.

A compañía iniciou xa os traballos para construír a súa nave empresarial, co obxectivo de ter finalizadas as obras en torno a setembro ou outubro, segundo sinalou o seu xerente, José Benito Vilarnovo. A compañía, actualmente situada en Boiro, desprazarase así a Rianxo, onde incrementará o seu cadro de persoal actual ata os 11 empregados.

Renobat Galicia ocupará a parcela 36 do parque empresarial, de 3.046 metros cadrados, adquirida a SEA por 175.449 euros máis IVE. As novas instalacións contarán cunha nave de 500 metros, con taller de carretillas elevadoras e maquinaria agrícola e industrial, así como con espazo de oficinas. Vilarnovo puxo en valor o bo emprazamento do parque empresarial, que permitirá á compañía “estar máis céntrica e máis preto das empresas coas que traballa na zona.”

Pola súa parte, Beatriz Sestayo, que enmarcou a visita na súa “folla de ruta” para supervisar os distintos proxectos existentes nos 13 parques empresariais que xestiona a entidade en Galicia, incidiu tamén as potencialidades que, especialmente, ten o parque empresarial rianxeiro. Neste senso, apuntou que “creo moito nun polígono como o de Rianxo que ten unha potencialidade esencial e no que se poden xerar importantes sinerxías entre as empresas xa instaladas.” Paralelamente, con esta visita, afóndase no seu obxectivo de “coñecer as demandas empresariais para implantar melloras e seguir medrando.”

Así mesmo, avanzou que hai máis empresas actualmente interesadas no polígono, coa SEA traballando para ser “axente non só pasivo, senón tamén dinamizador do crecemento socioeconómico en Galicia”, co parque empresarial de Rianxo “sen dúbida como un dos que poden ser punteiros.”

O polígono rianxeiro conta cunha superficie bruta de 371.728 metros cadrados e neta de 200.156, deseñado tanto para empresas do sector industrial coma terciario. Actualmente están instaladas ou son propietarias de solo as empresas Metales Taragoña, La Cambra, Neumáticos Milocho, Exclusivas Tembra, Tarrío y Suárez, Conservera Ramón Franco, Transagonza, Proameixa, Tanatorio M. Sánchez, Neumáticos Seco, Electrocambio ou Cortizo Conservas, ademais dunha gasolineira. Nos próximos meses está previsto que inicien a súa actividade Renobat Galicia e Transportes Potel.       

Suelo Empresarial del Atlántico xestiona 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, situados nas provincias de Lugo -Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade-, da Coruña -Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo- e de Pontevedra -Vilanova de Arousa e Catoira-, asentándose máis dunha centena de empresas.

Outros artigos

O 1 de novembro celébrase a X Carreira Popular Concello de Rianxo

O día 1 de novembro o termo rianxeiro acollerá a X Carreira Popular Concello de Rianxo. Para participar temos até o 28 de outubro para inscribirnos, a través da ligazón habilitada na web de Emesports. Esta proba, organizada polo Concello e máis o Club Atletismo...

+

Achan cadáver flotando no mar en Rianxo

Esta tarde, ao redor das catro, foi localizado o cadáver dun home flotando no mar, á altura de Punta Abuín, na desembocadura del Río Ulla, na parroquia de Leiro. Aínda que aínda falta a confirmación oficial, sospéitase que podería tratarse de Félix Triñanes Sánchez,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

Segundo o último informe do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), entre os meses de abril e xuño do ano en curso, executáronse 5.874 desafiuzamentos por falta de pagamentos de alugueiro e uns 469 por execucións...

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

El teatro es espejo de la vida o de las costumbres, se aventura como oráculo, o arriesga incluso en vanguardias imprevisibles, en inverosímiles utopías, o no, con sencillez opta por  disimular angustias entre humoradas; por algo más de una hora actúa cual eficaz...