Redrum Teatro retoma en Rianxo os ensaios de O mozo da última fila, de Juan Mayorga

22 Xuño 2020

A compañía Redrum Teatro retomou en Rianxo, este 22 de xuño, os ensaios do seu novo espectáculo, O mozo da última fila, que se estreará o vindeiro 7 e 8 de xullo no Teatro Principal de Santiago, unha data que tivo que adiarse por mor da emerxencia sanitaria (sendo os ensaios interrompidos o pasado mes de abril).

Dirixida por Alex Sampayo, a montaxe converterase na primeira adaptación ao galego do prestixioso dramaturgo Juan Mayorga que achega nesta obra, en palabras de Redrum, “unha fonda reflexión cargada de ironía sobre a fascinación polas vidas alleas, a manipulación dos seres queridos e a lexitimidade de toda creación artística que emprega como materia prima a realidade que nos envolve”.

O argumento e a residencia en Rianxo

A peza O mozo da última fila xira ao redor dun profesor de literatura e un alumno, interpretados respectivamente por Roberto Leal e Guillermo Carbajo, que se enlean con complicidade nun atípico tour de force literaria que acaba por derivar nunha sorte de xogo psicolóxico que afectará as súas contornas persoais. Xunto a Carbajo e Leal, subirán ao escenario Mónica García, Machi Salgado, Belén Constenla e Rubén Porto.

Este equipo artístico, ao que toca sumarlle a Davide González no espazo sonoro, María Illobre na caracterización e Jose M. Faro ‘Coti’ na escenografía, retoma a residencia artística interrompida o 14 de marzo no Auditorio do Concello de Rianxo de cara á súa estrea, que terá lugar finalmente no Teatro Principal de Santiago os dias 7 e 8 de xullo. Redrum, ademais de dispor “da inestimábel colaboración do Concello de Rianxo”, conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) a través das liñas de axuda á creación escénica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El ‘calvario’ de Óscar Puente” – José Antonio Constenla

“El ‘calvario’ de Óscar Puente” – José Antonio Constenla

Si algo retrata a las personas es esencialmente lo que hacen o dejan de hacer, lo que piensan y cuentan (incluso lo que no cuentan) y desde luego, lo que defienden en público. Todo ello acaba dibujando y comunicando la manera que se entiende la política, el servicio...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.