Praias, parques infantís, competicións, albergues, casinos… ampliarán aforos desde o 1 de xullo

27 Xuño 2020

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este sábado unha resolución da Consellería de Sanidade que amplía ata o total de tres metros cadrados por persoa os aforos permitidos a partir do 1 de xullo tanto en praias como en parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas de ‘skate’ e outros espazos públicos ao aire libre similares.

Estas zonas estenden así o máximo de cidadáns permitidos, debido a que polo momento o límite estaba fixado nunha persoas por cada catro metros cadrado.

As normas establecen que os concellos deberán dictar as medidas necesarias para garantir que os cidadáns manteñen as distancias de seguridade interpersoal e as entidades locais poderán establecer límites tanto nos tempos de permanencia nos areais como no acceso aos aparcamentos para “facilitar o control da capacidade”.

A resolución publicada este sábado no DOG tamén amplía o aforo permitido, ata o 75 por cento do máximo, para locais de azar e casinos, para albergues turísticos e para actividades destinadas á poboación infantil e xuvenil en espazos pechados, aínda que non poderán participar máis de 150 persoas, incluídos monitores-.

No caso de que estes últimos teñan lugar en espazos abertos, mantense o límite ao 75 por cento e cun máximo de 250 persoas.

A Consellería de Sanidade engade unha instrución para a celebración de competicións federadas e eventos deportivos en espazos abertos en vía pública que conten con asistentes, entre as que menciona atletismo, ciclismo, ‘ rallies’ automobilísticos, remo e similares.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.