Pilar Ponte impulsou unha web para contrarrestar a corentena con contidos e lecer: Aulas galegas

02 Xuño 2020

A crise sanitaria, alén dos problemas que supuxo para o ámbito docente, foi un escenario de creatividade dixital do que abrollaron múltiples iniciativas online destinadas a manter o fluxo de contidos e recursos docentes. É o caso de Aulas Galegas, recuncho web posto en marcha da man dun grupo de profesores e profesoras que tiñan un obxectivo común: achegar á comunidade educativa contidos para traballar durante o Estado de Alarma e, tamén, durante o proceso de desescalada e de volta relativa á normalidade, que é o treito do camiño no que estamos xusto agora.

A web habilitouse xusto no intre en que se cancelaron as clases, polo que o equipo docente que lle deu impulso, do que forma parte a profesora do IES da Pobra do Caramiñal que foi artífice da innovadora experiencia 21 días co galego, Pilar Ponte, non quixo que a suspensión da actividade presencial implicase tamén o mesmo proceso no dixital: “Vimos que era preciso axudar ao profesorado e ao alumnado a atopar materiais que ademais de ser académicos tamén fose lúdicos e entretidos”, sinala a devandita profesora, salientando que o número de consultas acadado ao longo de crise sanitaria resultou ser alto (máis de medio milleiro), ao igual que a cifra de educadores colaboradores, que, por exemplo no ámbito da Educación Infantil, é xa de medio cento de persoas.

Amais de por Pilar Ponte, as Aulas Galegas tamén contaron co impulso de Cristina Rodríguez e Lorena Pita, mestras na comarca de Ferrolterra. Segundo destacan, un dos obxectivos da iniciativa foi desmarcarse doutras propostas análogas que poñen o foco no académico e no estritamente formativo: “Dende o principio quedounos claro que era preciso traballar e xogar ao mesmo tempo, co fin de loitar contra o aburrimento e a monotonía”, algo inherente á situación de confinamento pero tamén ao propio feito de traballar educacionalmente a distancia, un ámbito no que é complexo manter a atención das nenas e dos nenos de máis curta idade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compromiso contra la pobreza”. José Manuel Pena

“Compromiso contra la pobreza”. José Manuel Pena

La crisis, el paro y la desigualdad han creado una España de dosvelocidades. Cáritas, Unicef, Oxfam Intermon. Cruz Roja, Eapn. La Alianzacontra la Pobreza e incluso la ONU y el Banco Mundial señalan que España esel cuarto país de la Unión Europea con más desigualdad...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.