Pesqueiros galegos e vascos, en corentena en Seychelles polo positivo de nove mariñeiros

25 Xuño 2020

As autoridades de Seychelles informaron que nove mariñeiros estan contaxiados por COVID-19. Trátase de mariñeiros da frota de pesqueiros galegos e vascos que chegaron ao arquipélago este martes. Trátase dos primeiros que rexistra o país desde principios de abril.

O Departamento de Saúde Pública das illas informou de tres casos positivos de entre os 207 mariñeiros que chegaron o martes ao arquipélago para unha substitución de tripulantes dos 26 barcos pesqueiros españois no país. O Departamento de Saúde informou que se confirmaron outros seis casos.
Os test rápidos realizados polas navieiras amosaron que 20 deles presentaban trazas da COVID-19 no seu sistema. Eso fixo que as empresas se puxéran en contacto coas autoridades co fin de confirmar o resultado e adoptar as medidas .

Os tres casos positivos foron postos en illamento a bordo dos seus barcos e toda a tripulación atópase en corentena nas embarcacións. As autoridades sanitarias continuaron hoxe cos test, confirmándose outros seis casos. Todos eles foron trasladados a un hospital, onde permanecen en observación, sen que polo momento ningún presente síntomas.

Por outra banda, o responsable aclarou que os mariños chegaron a bordo dun avión de Air Seychelles e que o seu traslado fíxose baixo controis estritos e sen apenas contacto co persoal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

Un amigo asombrouse de que eu viaxase co IMSERSO, por terlle quedado ao sistema a sona de que os participantes son vellos e fan cousas que se supoñen son ou foron de vellos, entrelas os bailes, xogos de cartas, karaokes, e monótonas tardes vendo pasar a vida por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.