Os remeiros do Club de Remo da Pobra volven ao mar

16 Xuño 2020

Este luns 15 de xuño celebrouse na Pobra do Caramiñal un acontecemento deportivo histórico: o regreso ao mar da traiñeira masculina do Club de Remo local. A embarcación foi carrexada polos remeiros pobrenses dende as instalacións do club, por primeira vez logo de tres meses adestrando cada un nas súas casas (por mor da pandemia e o Estado de Alarma) e tentando exercitarse, durante ese tempo, da maneira máis fiel posíbel ao que sería o traballo nas bancadas da traíña.

Segundo informou o Club, o deste luns foi un adestramento ”light”, xa que “despois de tanto tempo sen facelo, corremos o risco de lesionarnos, e agora mesmo unha lesión sería o peor que nos pode pasar”. A previsión, engadiron, é “ir subindo a intensidade do adestramento de maneira paulatina”.

Tamén lembraron que o deste 15 de xuño foi o primeiro día en que a Xunta permitiu aos integrantes do club saír en grupo e vogar no mar, ao igual que o resto das entidades deportivas de remo da nosa terra.

“Para nós, o feito de volver remar en condicións normais é moi importante, porque unha gran parte dos integrantes do noso equipo son remeiros novos ou que levan pouco tempo, e o que máis necesitamos son horas de adestramento no mar, para pulir ben a técnica e unificar o bloque de remada”, explicaron, poñendo o foco na importancia deste mes de xuño que afronta a súa terceira semana, con vistas ao comezo da Liga Galega de Traiñeiras B que comeza o 16 de xullo. “Despois de estar un ano fóra da competición, queremos volver con todo”, sinalaron, engadindo que o equipo feminino de traiñeiras tamén volverá adestrar, aínda que “sen tanta urxencia como o masculino, posto que non participan na Liga”. Farano este sábado ás 18:00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.