Os rapaces de Ribeira poderán volver este luns 22 a gozar dos parques. O Concello instalou un cartel en cada zona de xogos, no que figura o número máximo de persoas que poderán concentrarse no devandito lugar. No parque da Praza da Concordia en García Bayón, o aforo máximo foi fixado en 325 persoas, mentres que no de Abesadas o límite está en 110 persoas. O longo desta fin de semana membros do grupo municipal de emerxencias estiveron desinfectando as instalacións.
O Concello de Ribeira traballa na adecuación dunha praza dedicada a Quico Domínguez na rúa Romero Ortiz
O Concello de Ribeira rubricou nestes días un convenio de colaboración coa comunidade de propietarios dun edificio situado na rúa Romero Ortiz e lindeiro coa praza dedicada ao veciño Quico Domínguez en consonancia co acordo adoptado polo pleno da Corporación na sesión...




