Os Gardacostas requisan preto de 14.000 metros de artes de enmalle, 345 útiles e máis de 450 quilos de distintas especies de peixe e marisco

10 Xuño 2020

A ría de Arousa foi a zona que rexistrou máis comisos e incautacións dos gardacostas, con 8.400 metros de artes de enmalle, 84 aparellos e máis de 250 quilos de distintos produtos do mar requisados. Un dos controis máis destacados desenvolveuse na illa de Sálvora e saldouse coa incautación de 1.900 metros de vetas, 1.100 metros de miños e 500 metros de trasmallos. Nesta inspección os axentes tamén se incautaron de 10 nasas e comisaron 12 quilos de polbo, 15 de centola e máis dun quilo de nécora que estaban sen identificar.

A Costa da Morte tamén foi escenario de diferentes actuacións dos axentes de Gardacostas que tiveron como resultado a aprehensión de preto de 5.000 metros de artes de enmalle, de 36 útiles e de arredor de 80 quilos de marisco e peixe. Malpica rexistrou un dos controis máis relevantes no que os axentes requisaron 3.600 metros de miños que estaban sen identificar, 36 nasas e preto de 70 quilos de peixe e marisco.

Na provincia da Coruña tamén se rexistraron comisos na ría de Muros-Noia, onde os axentes requisaron 88 útiles, a maioría cacharros, e case tres quilos de marisco. Na ría de Corme e Laxe comisaron arredor de tres quilos de marisco e un viveiro, na de Ares-Betanzos dous aparellos e 400 metros de artes de enmalle e na da Coruña seis quilos de marisco e un útil.

A maiores, na provincia de Pontevedra os axentes realizaron diferentes controis. Na ría de Vigo requisaron 128 útiles, a maioría cacharros, e preto de 20 quilos de polbo, mentres que na ría de Pontevedra comisaron arredor de 90 quilos de marisco e cinco útiles.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

Cuando los fríos guarismos del último informe PISA vuelven a agitar los titulares con la cantinela de nuestras recurrentes carencias educativas, confirmamos que seguimos midiendo el rendimiento de las aulas con la precisión del contable pero con el desdichado desdén...

“Fama sen rede”. Xosé Antonio López Silva

“Fama sen rede”. Xosé Antonio López Silva

Intente vostede falar na cea dun libro ou dunha figura pública que todo o mundo na mesa coñeza. O máis probable é que se atope con miradas de desconcerto. Os máis novos estarán ao tanto dun fenómeno de millóns de seguidores do que vostede nunca oíu falar, e o autor...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.