Os bancos marisqueiros de Ribeira, A Pobra e Cabo de Cruz serán repoboados pola Xunta

26 Xuño 2020

O proxecto, que conta cunha subvención que rolda os 213.000 euros, quere segundo a Consellería do Mar lograr a conservación de poboacións de especies de interese marisqueiro, unha mellor xestión e fomentar este sector como elemento crave na economía azul de Galicia, ao mesmo tempo que se evita a perda de zonas naturais.

Un total de 19 proxectos impulsados por distintas confrarías galegas entre as que se atopan as de Ribeira, A Pobra e Cabo de Cruz, recibirán as subvención para repoboar con distintos tipos de ameixa os seus bancos marisqueiros. Prevese que esta iniciativa póidase levar a cabo nuns 500.000 metros cadrados de praias das provincias da Coruña e Pontevedra.

O obxectivo desta iniciativa é lograr repoboar aquelas zonas onde se constatou unha perda de produción de ameixa no último ano.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.