Obras de mellora nos accesos ao Hospital do Barbanza

19 Xuño 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar traballos de mellora nos accesos do Hospital do Barbanza entre outros.
Estas actuacións levaranse a cabo nos accesos aos hospitais do Barbanza, en Ribeira, CHUS, Gil Casares e Conxo, en Santiago; Arquitecto Marcide, Naval e Novoa Santos, en Ferrol; Lavandería Sergas e Teresa Herrera, na Coruña; Virxe da Xunqueira, en Cee.

Nos accesos aos complexos hospitalarios de Ribeira, Santiago e Cee se executarán traballos de mellora do firme, dos aparcadoiros e das beirarrúas.
O obxectivo das obras é reforzar a seguridade viaria e a accesibilidade nos contornos destes hospitais, favorecendo a mobilidade, tanto de pacientes como de todo o persoal sanitario que se achega cada día ás instalacións destes hospitais.

Os traballos, adxudicados á empresa Canarga, S.L., por un importe de 825.100 euros, prevén o seu comezo o vindeiro mes de xullo.

As actuacións están enmarcadas nos proxectos de mellora da accesibilidade que se están a impulsar nos principais centros hospitalarios públicos de Galicia.
Os traballos foron planificados cos responsables do Sergas, analizando as necesidades de actuación. As obras executaranse de modo coordinado cos equipos técnicos sanitarios dos complexos para interferir o menos posible na actividade hospitalaria.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...